Neste post tentarei facer un resumo doutra das ferramentas integradas no Elgg, neste caso, como dí o título, imos ver como crear o noso folio.
O primeiro é crear o propio portafoilios.
Para iso non temos máis que ir ó menu superior e facer click no botón "As túas páxinas". feito isto, poderemos ver unha pantalla coma esta onde debemos seleccionar "Portfolio baleiro" e despois premer no botón "Gardar".(Esta pantalla só aparecerá mentres non teñamos creado o noso folio)
Unha vez feito isto, xa temos diante o noso portfolio, pero este esta baleiro.
Este, é o aspecto que debería presentar.
Imos votarlle un ollo.
De primeiras vemos que temos un submenú na parte superior (Editar, opcions, Engadir paxina).
Como sempre, contén as accións específicas para a seccion onde nos atopamos.
Imos ver brevemente que podemos facer en cada unha delas.
Editar: Este é o link no que debemos premer se queremos engadir ou modificar contidos da páxina onde nos atopamos.
Opcions: Dende esta sección poderás establecer a privacidade do teu folio,eliminar paxinas, cambiarlle o estilo, etc..
Nova Paxina: Premendo nesta liga, crearemos unha nova páxina para o noso folio (Isto nos permitirá organizar os nosos contidos).
Imos pois, cunha explicacion máis detallada de cada unha destas seccións(deixaremos a sección "opcións" para o final).
EDITAR
Agora que xa temos o noso folio, é hora de enchelo co material que fomos subindo ó largo do curso.
Se nos fixamos no menú lateral, podemos atopar todo o noso material organizado en 3 categorías: Posts, arquivos, e imaxes.
Na esquerda vemos o noso folio, podemos ver tamén os diferentes bloques nos que está dividido: Titulo, Contido e Etiquetas.
Podes editar cada un destes campos facendo click neles (Lembra premer o botón "Gardar" cando remates de editar un bloque).
Para engadir calquera destes elementos no noso folio, non temos máis que facer click nel (no menú lateral),
é este aparecerá na páxina que estamos a editar (Tés que ter en conta que se mais tarde editas algún dos contidos engadidos no folio, os cambios non se verán reflexados neste, polo que terás que volver engadir o contido modificado).
Tamén temos a posibilidade, dende este menú, de engadir un bloque de texto baleiro, no que poderemos inserir comentarios, aclaracións, análises, etc.
A estas alturas seguro que xa te estas a preguntar para que son esas duas iconas tan chamativas que aparecen enriba de cada bloque.
O clip serve para "arrastrar" e cambiar a ordenación dos bloques, os uns respecto dos outros. Mentras que o sinal de prohibido serve para eliminar directamente o bloque do noso folio.
Isto é todo, esta é basicamente a forma de ir confeccionando cada unha das páxinas do noso folio.
ENGADIR PAXINA;
Premendo nesta liga, atopámonos co seguinte formulario:
Como podemos ver, temos que especificar un título para a páxina, e a súa ubicación, isto é, a páxina do noso folio, da que queremos que colgue a nosa nova páxina. Non te preocupes se non tés moi claro onde colgar a paxina nun primeiro momento, pois sempre poderás volver a movela dende a sección "opcións" do menú superior.
Cando rematemos, temos que premer en "Crear Paxina" e pasaremos automáticamente ó modo de edición (o que vimos de ver no apartado anterior ).
OPCIÓNS:
Premendo nesta liga atoparémonos cunha pantalla coma esta:
Imos explicar cada unha das seccións por separado:
Paxina pai.
Dende aquí poderás mover as paxinas de sitio.
Seguridade da páxina.
Esta é a sección onde poderás elexir o nivel de privacidade da túa paxina.Pôdes escoller entre 3 niveis:
- Público - Calquera pode ler e editar o teu folio.
- Moderado - Os demáis usuarios poderán ver, pero non editar o tue folio.
- Privado - So ti poderás ver ou editar o teu folio
Outras opcións
Dende aquí poderemos cambiar o estilo da nosa páxina. Podemos convertir o noso folio nun wiki (mais orientado a traballos en grupo) e viceversa.
Por último deixo un pequeno resumo de onde atopar as opcións mais empregadas:
Crear unha nova paxina: Menu superior > Engadir Paxina
Borrar unha paxina: Menu superior > Opcións > Eliminar paxina
Editar unha paxina: Menu superior > Editar
Engadir un contidos no folio : Modo edicion > Facer click no contido desexado no menú lateral
Borrar un contido do folio : Facer click na icona vermella do bloque a eliminar.
Palabras clave: axuda, folio, portafolios, tutorial
