O Cartafol Electrónico do Proxecto Pietic esta baseado no ELGG, unha plataforma de rede social totalmente flexible e personalizable.
Os usuarios do Cartafol Electrónico dispoñen dun repositorio dixital de obxectos que pode ser privado ou ben compartido con outros grupos. Dispoñen ademais dun weblog no que poderán incluír todo o que desexen, creando, deste xeito, un lugar perfecto para a reflexión. O protocolo de uso desta rede social permitiralles aos usuarios unirse e crear unha ampla gama de comunidades. Todos os elementos e obxectos poderán levar adxuntos privilexios de uso que determinen por quen poderán ser vistos.
Agardamos que o Cartafol Electrónico do Proxecto Pietic sexa unha ferramenta útil e divertida, e que forme parte do mundo dixital dos usuarios.
Únete ao grupo de usuarios do ELGG, onde atoparás máis recursos e apoio. Agradeceremos calquera suxestión ou comentario que nos permita seguir desenvolvendo e mellorando este servizo.